Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muxía, Ponteceso e Vimianzo seguen propoñendo novas rutas de sendeirismo

Muxía, Ponteceso e Vimianzo seguen propoñendo novas rutas de sendeirismo

Continúa o sendeirismo convertíndose nunha das actividades máis habituais do verán. Concellos como Vimianzo, Fisterra, Cabana, Ponteceso ou Muxía son habituais das camiñadas. E para esta fin de semana hai, alomenos, dúas novas citas:

De Muxía a Fisterra

O Concello de Muxía organiza unha ruta a pé polo Camiño Xacobeo de Fisterra- Muxía para o sábado 18 de xuño. Un autobús sairá de Muxía ata Fisterra e logo o grupo fará o Camiño a pé ata Muxía. Ademáis o grupo estará acompañado por voluntarios do Programa de Voluntariado Ambiental do Concello de Muxía, que inspeccionarán o tramo do Camiño que percorre o municipio muxián para ver as necesidades de sinalización e limpeza.

Todalas persoas que queiran participar deberán inscribirse no Concello muxián (981 742 001).

Ponteceso

O Concello pontecesán tamén artella unha nova ruta Ponte a Pé. Trátase dunha Ruta Circular polo Camiño da ribeira, de Ponteceso a Corme -do río Anllóns ó mar de Corme. A cita será o domingo 12 de xuño a partir das 10:00h, constará de 20km e visitarase a Praza do Relleno, Paseo Fluvial, Esteiro do río Anllóns, Currás, monte Branco, monte dos Loureiros, Froxán,Pedra da Serpe, e as praias de Ermida, Osmo e Arnela. A vota realizarase polas praias de Valarés, e da Barra e o Sistema Dunar da Insua.

Poden facer as Inscricións ata o xoves día 09/06/ás 13.00h enviando un correo a [email protected] ou chamando ao Concello de Ponteceso 981 714 000 ou á Oficina Municipal de Corme 981 738 428.

Máis roteiros en Vimianzo

Trala saída polas Fragas do Eume, dende Vimianzo tamén teñen cita esta fin de semana. A próxima andaina, prevista para o próximo sábado 11 de xuño, cambiase para o día seguinte domingo. Polo tanto a ruta “Camiño da ribeira” que descorre entre Ponteceso e Corme será o día 12 de xuño.

No tocante ós quilómetros, vai a ser unha ruta duns 20 quilómetros. É unha ruta costeira moi bonita que merece a pena facer.

Todos os que esteades interesados deberedes avisarme inscribíndovos por email ou chamando ó 981 717 288.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muxía e de Vimianzo.

Comentarios