Venres. 03.05.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo organiza catro rutas de sendeirismo entre os meses de maio e xuño

O Concello de Vimianzo organiza catro rutas de sendeirismo entre os meses de maio e xuño

O próximo sábado día 7 de maio inaugurase a temporada de sendeirismo que organiza o departamento de deportes do Concello de Vimianzo. Ao longo dos meses de maio e xuño haberá 4 rutas polas terras da bisbarra e de Ferrol.
Todas as rutas teñen fixada a saída ás 9:30 da mañá da Praza do Concello, agás a do día 29 de maio que se sairá ás 8:30, xa que temos que viaxar ata Ferrol. O remate das mesmas está previsto para as 17:30 aproximadamente (sen contar o desprazamento en autobús).

Recoméndase a tódolos participantes que leven unha mochila con comida e bebida para repoñer forzas polo camiño, así coma calzado e roupa axeitada para camiñar en función das condicións climatolóxicas dese día.

Razo-Cerqueda

A serie comeza este sábado 7 de maio cunha ruta costeira entre as localidades de Razo e Cerqueda. Esta é unha ruta duns 16 quilómetros que se inicará coa ascensión ó Monte Neme dende onde se pode contemplar unhas fermosas vistas da comarca bergantiñá. O resto do sendeiro descorre por camiños costeiros de gran beleza.

Rio Belelle

A segunda ruta está programada para o domingo 29 maio. Neste caso é unha ruta fluvial a carón do Río Belelle (polas terras de Ferrol). Son 15 quilómetros en sentido descendente entre As localidades de A Capela e Neda. Unha ruta moi bonita onde poderemos desfrutar da limpeza do río Belelle e da impresionante fervenza cunha caída de máis de 45 metros que nos agarda ó remate da ruta.

Ponteceso-Corme

O sábado 11 de xuño farase unha ruta costeira entre as localidades de Ponteceso e Corme. É unha ruta circular de 21 quilómetros na que visitaremos sitios tan emblemáticos coma a casa de Eduardo Pondal, o Monte Branco, Balarés, Punta Roncudo,…

Os Batáns do Mosquetín

Finalmente o sábado 25 de xuño pecharase a temporada cunha ruta polo Concello de Vimianzo. Serán 18 quilómetros entre O Mosquetín (onde visitaremos os Batáns) e o Castelo de Vimianzo. En Señoráns colleremos un desvío para visitar a Torre da Moa (Traba) dende onde se pode contemplar unha femosa vista da Costa da Morte.

Máis información e inscricións

<`>As rutas son totalmente gratuítas. O único que ai que facer para participar é anotarse no Servizo de Cultura e Deportes de Vimianzo (Casa da Cultura) ou ben por email en [email protected] ou no teléfono 981 717 288.

Novas relacionadas

Fonte

  • Departamento de deportes do Concello de Vimianzo da man de Víctor Santos.

Comentarios