Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muxía prevé o fracaso escolar con actividades para alumnos e pais

Muxía prevé o fracaso escolar con actividades para alumnos e pais
Actividades contra o abandono escolar en Muxia

O Concello de Muxía vén de sacar un novedoso proxecto para a prevención do fracaso e do abandono escolar. Un prgrama Subvencionadap pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello., que abrangue todas as idades e unha morea de xeitos diferentes de levalas a cabo. De feito, hai actividades para os alumnos e outras para pais e nais

Xa se poden inscribir os interesados na 1ª pranta do Concello, para calquera das actividades que presentamos.

Actividades para o alumno

  • OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO E REFORZO EDUCATIVO : Actividade preventiva orientada á diminución do fracaso escolar.
    - Destinatarios: Alumnado en idade escolar.
    - Data: Meses de xullo e agosto.
    - Lugar:Distintos centros sociais do concello.
  • OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL: “A CHAVE DO TEU FUTURO”. Actividade de información sobre opcións educativas e saídas profesionais.
    - Destinatarios/as: estudantes de 3º, 4º de ESO e PCPI.
    - Data: Meses de xullo e agosto.
    - Lugar: Muxía, edificio de usos múltiples.
  • CHARLA INFORMATIVA SOBRE O FUTURO LABORAL: Actividade orientada a achegar ao alumnado todo tipo de información referente ás saídas profesionais.
    - Destinatarios/as: estudantes de 3º, 4º de ESO e PCPI.
    - Data: Meses de xullo e agosto.
    - Lugar: Muxía, edificio de usos múltiples.
  • OBRADOIRO DE REINSERCIÓN AO SISTEMA EDUCATIVO. Actividade de formación e orientación encamiñada á reincorporación ao sistema educativo.
    - Destinatarios/as: Rapaces/as de 16 a 24 anos.
    - Data: Meses de xullo e agosto.
    - Lugar: Muxía, edificio de usos múltiples.

Actividades parapais e nais

  • CHARLA INFORMATIVA PARA NAIS E PAIS. Actividade para concienciar da importancia de acabar os estudos obrigatorios e coñecer as posibles saídas educativas e laborais dos seus fillos e fillas.
    - Data: Meses de xullo e agosto.
    - Lugar: Muxía, edificio de usos múltiples.
  • CHARLA PARA PAIS E NAIS SOBRE COMO MELLORAR MOTIVACIÓNS ACADÉMICAS. Taller de técnicas de estudo, hábitos e rutinas para a mellora de motivacións académicas.
    - Data: Meses de xullo e agosto.
    - Lugar: Muxía, edificio de usos múltiples.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios