mércores. 30.04.2025
El tiempo

Muxía salda unha débeda histórica con Gervasio Sar

Gervasio Sar
Gervasio Sar
Muxía salda unha débeda histórica con Gervasio Sar

O venres 28 de febreiro, ás 19:00h, Muxía salda unha débeda histórica coa inauguración da Sala Gervasio Sar no edificio da Camposa.

O pobo xa lle tiña realizado varias homenaxes ao pintor como a creación da Asociación de Amigos de Gervasio Sar, pero faltaba a implicación municipal neste agradecemento.

Nado en Muxía en 1958, Gervasio Sar descubriu a súa paixón pola pintura con só 8 aniños. A súa traxectoria foi un exemplo de superación, xa que, a pesar de ser diagnosticado con Párkinson moi novo, nunca deixou de crear e emocionar coa súa obra, manténdose para a historia como un referente cultural de toda a Costa da Morte.

Máis novas

Comentarios