Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muxía informa sobre as bolsas de material escolar

Muxía 3
Iago Toba; a concelleira de Xuventude, Olalla Benlloch e a técnica do departamento de Cultura, Victoria Rivadulla, na sesión informativa do salón do Voluntariado
Muxía informa sobre as bolsas de material escolar

O Salón do Voluntariado do Concello de Muxía acolleu onte unha xornada informativa sobre o proceso para solicitar as bolsas de material escolar. Unha vintena de veciños e veciñas escoitaron como vai ser a liña de axudas, e resolveron dúbidas, que teñen de prazo ata o 20 de xullo.

As axudas terán que solicitarse vía internet polo que será necesario ter sinatura electrónica ou certificado dixital para poder facer a solicitude en sede electrónica. Pero a administración muxiá pon a disposición da veciñanza o teléfono 981 74 20 01 en horario de 9:00 a 14:00 hora e o enderezo electrónico [email protected] para dúbidas e comunicacións dos problemas que poidan xurdir.

Axudas para o taxi

No marco do Plan de Reactivación económica e social, o Concello de Muxía inclúe unha partida para promover e facilitar a mobilidade dentro do termo municipal por cuestión sociosanitarias.

As persoas con mobilidade reducida, así como polo colectivo de persoas que vivan solas, ou que vivan co seu cónxuxe, maiores de 65 anos, e sen apoio familiar, poderán pedir unhas axudas para acodir a citas de médico...

O prazo de presentación será durante o presente ano, ata 31 de decembro de 2020.

Comentarios