Novas obras de mellora da seguridade nun pequeno treito do Camiño en Muxía
10:27 24/08/21
Despois das obras realizadas en dous pequenos puntos de Corcubión e Fisterra, onde o Camiño toca asfalto, a Xunta está a realizar melloras da seguridade na AC-440, xa en Muxía. Esta intervención estase a levar a cabo na zona correspondente co punto quilométrico 12+220, ao seu paso por Casas Novas.
Os traballos consisten na execución de dous tramos de senda en ambas as marxes da estrada. Tamén se disporán bandas transversais de alerta e reforzarase a sinalización coa fin de incrementar a seguridade neste punto.
Unhas obras necesarias, pero ademais de ser realizadas en pleno agosto, lamentablemente son apenas parches para todas as necesidades que hai na materia no Camiño costeiro.