Falece un pescador tras outra caída na Punta da Buítra

Imaxe dun dos rescates en Muxía deste pasado verán

Comeza un novo ano pero o mar segue cobrándose vidas. Volveu acontecer ademais na Punta da Buitra, o mesmo lugar onde este verán xa tiveron lugar 3 tensos rescates. Un pescador caía o mar arredor das 10:00h deste domingo 5 de xaneiro, e falecía. 

Foi o seu pai, que o acompañaba, o que deu a alerta ao 112, que mobilizou á embarcación de Salvamar Altair, con base en Camariñás, e máis ao helicóptero. A Policía Local e Protección Civil puido descubrir a zona exacta do suceso, e tras localizar a cana flotando, pronto atoparon o home. 

Foron minutos de gran tensión, cando a embarcación Salvamar traía de volta ao porto de Muxía para practicarlle exercicios de reanimación. Tamén o intentaron os profesionais da ambulancia do 061 no peirao muxián. Pero non puideron salvarlle a vida. 

O finado é un home de 39 anos, natural de Mazaricos e residente na Coruña. 

Novas relacionadas