Falece un pescador tras outra caída na Punta da Buítra

Comeza un novo ano pero o mar segue cobrándose vidas. Volveu acontecer ademais na Punta da Buitra, o mesmo lugar onde este verán xa tiveron lugar 3 tensos rescates. Un pescador caía o mar arredor das 10:00h deste domingo 5 de xaneiro, e falecía.
Foi o seu pai, que o acompañaba, o que deu a alerta ao 112, que mobilizou á embarcación de Salvamar Altair, con base en Camariñás, e máis ao helicóptero. A Policía Local e Protección Civil puido descubrir a zona exacta do suceso, e tras localizar a cana flotando, pronto atoparon o home.
Foron minutos de gran tensión, cando a embarcación Salvamar traía de volta ao porto de Muxía para practicarlle exercicios de reanimación. Tamén o intentaron os profesionais da ambulancia do 061 no peirao muxián. Pero non puideron salvarlle a vida.
O finado é un home de 39 anos, natural de Mazaricos e residente na Coruña.
Novas relacionadas
- Novembro 19: Rescatan un home que se lanzou ao mar na praia Langosteira.
- Outubto 19: Falece a persoa rescatada na Praia do Ancoradoiro.
- Agosto 19: Novo e tenso rescate de dous pescadores no mar da Punta da Buitra.
- 07-08-19: Outro pescador tivo que ser rescatado dunha zona rochosa da Punta da Buitra.
- 31-07-19: Rescatado un home nunha furna de Muxía.
- Xuño 19: Prot. Civil, Policía Local e tres pescadores salvan a vida doutro que caera ao mar en Muxía.
- Maio 19: Un percebeiro tivo que ser rescatado en Muxía tras mancarse nun pé.