Xoves. 22.08.2019
El tiempo

Outro pescador tivo que ser rescatado dunha zona rochosa da Punta da Buitra

Membros de seguridade rescatando un pescador en Muxía-Foto-Proteccion Civil
Membros de seguridade rescatando un pescador en Muxía-Foto-Proteccion Civil
Outro pescador tivo que ser rescatado dunha zona rochosa da Punta da Buitra

Repetiuse unha vez máis. Bombeiros de Cee, Protección Civil de Muxía, Policía Local, Garda Civil e 061 tiveron que mobilizarse para rescatar un pescador que sufría unha caída e non podía saír dunha zona rochosa, cun gran desnivel, na Punta da Buitra, en Muxía.

Acontecía pasadas as 17:00h de onte, e home sufría unha forte dor nas costas. Os efectivos de seguridade puideron estabilizalo, sublilo en padiola monte arriba, ata a zona onde se atopaban os vehículos, para ser evacuado polos servizos sanitarios ao Hospital Virxe da Xunqueira para a súa valoración e/ou tratamento.

Rescate dun pescador en Muxia2

Novas relacionadas

 

Comentarios