![]()
Con motivo do día do Libro, que se celebra o vindeiro día 23, a biblioteca municipal de Muxía organiza un obradoiro de ilustración coa colaboración do ilustrador Xosé Tomás.
O obradoiro terá lugar o sábado, día 22 de abril, ás 17:30 horas e está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos. Os interesados en participar deben anotarse previamente na biblioteca ou no número de teléfono 981 742 563.
Esta é unha das actividades que o concello de Muxía programa a través do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Biblioteca municipal de Muxía