Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PP de Muxía denuncia a falta de axudas económicas para o CEIP de Vilarmide

O PP de Muxía denuncia a falta de axudas económicas para o CEIP de Vilarmide
Varios pais criticaron o encarecemento das actividades extraescolares pola falta das axudas do concello Varios pais criticaron o encarecemento das actividades extraescolares pola falta das axudas do concello "Estaría ben que dende o goberno municipal desen unha explicación convincentre de por que tomaron esta decisión", indican dende o partido Popular de Muxía despois de coñecer nunha reunión con pais do alumnado que o concello de Muxía non outorgará ningunha axuda económica ao CEIP de Vilarmide. Segundo denuncian os populares nunha nota de prensa, "o goberno municipal discrimina ao CEIP de Vilarmide" no repartode subvencións que o concello entrega todos os anos ás asociacións culturais, deportivas e educativas. Deste xeito, califican de "dictatorial" este medida que na súa opinión o único que consigue é "perxudicar" aos alumnos e alumnas do centro e ás súas familias. Actividades extraescolares Varios pais xa manifestaron as súas queixas ante o incremento do prezo dunha das actividades extraescolares que organiza o centro como consecuncia da falta de axudas municipais para este tipo de accións. "É unha pena que ocorra esto nun dos centros educativos con máis actividades extraescolares do municipio" comentan dende o PP. En consecuencia os membros do Partido Popular de Muxía solicitarán ao goberno local unha explicación sobre este asunto. Novas relacionadas Fonte

Comentarios