O Turismo Rural de Muxía colgou o cartel de “completo” en Semana Santa


Fácil titular para a crónica desta Semana Santa para os establecimentos de turismo rural de Muxía. Os aloxamentos da Asociación Muxía Turismo Rural colgaron o cartel de “completo” nesta Semana Santa. Foron galegos a meirande parte dos clientes, chegados das principais cidades do país, como Vigo, Santiago, Lugo, A Coruña, Pontevedra ou Ferrol.
Pero tamén houbo moitos visitantes Madrid, Bilbao, Alacante e Mallorca. Os que viñeron desde máis lonxe foron unha parella de Israel.
Os clientes volveron destacar a tranquilidade da zona, así como a gastronomía, a paisaxe e os restantes recursos naturais e que ofrece a Costa da Morte.
A obrgada visita a Barca e a Festa do Congro do venres, foron algunhas das principais citas, ademais de pegarse un paseo ata a Semana Santa de Fisterra, a Mostra do Encaixe de Camariñas ou a gozar da Fervenza do Ézaro. Pero a práctica totalidade non quixeron deixar a zona sen vivir a experiencia única de ver morrer o último raio de sol de Europa no banco do faro Touriñán.
Houbo moitos que aproveitaron para facer un curso de tres días na escola Surf Costa dá Morte, na praia de Nemiña, empresa asociada tamén a Muxía Turismo Rural.
Pola súa banda, Muxía Turismo Rural continuará e breve coas súas actividades enmarcadas no Ano Internacional do Turismo Sostenible, declarado pola Unesco.