Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Os Fouciños asaltan as aulas

Os Fouciños asaltan as aulas
Victor Mira levou os Premios Foucino a Muxia Victor Mira levou os Premios Foucino a Muxia

Non se apuren. Non estamos nau Lusiana galaica, e non hai ningún rapaz que perdeu a cabeza e se puxo a cortar cabezas co fouciño. Aínda que podería ser un bo argumento para unha desas curtas que se presentarán aos Premios Fouciño de Baio 2018. A organización destes singulares premios están achegándose aos centros de ensino para animar á mocidade a presentar os seus traballos.

É a categoría dos centros educativos unha das propostas estrelas do certame, e conta cunha categoría especial e un premio de 300€, ademais dun agasallo conmemorativo. Pero o máis importante é o feito de fomentar a experiencia da creación audiovisual entre os mozos e mozas galegas, ademais en galego.

Ao longo da semana, os responsables dos Fouciño achegáronse ao IES Ramón Caamaño é a Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. En Muxía, Víctor Mira encargouse de presentarlle aos rapaces de 4º-5º ESO os premios, e ata tivo tempo para practicar algunha técnica como o stopmotion. Os estudantes, a meirande parte, mozas, amosaron un gran interese.

En Compostela, os xornalistas implicados Mabel Montes (o tempo da TVG) e Xurxo Salgado (Galicia Confidencial), acompañaron ao membro da organización Ismael Miñones, para levar os premios aos estudantes de Comunicación Audiovisual da USC. Tiveron ocasión de ver un fragmento da longa “Fouciño sanghento”, e de coñecer varias obras gañadoras dos certames pasados.

Xurxo Salgado e Mabel Montes cos Premios Foucino na USC Xurxo Salgado e Mabel Montes cos Premios Foucino na USC

Máis visitas

Se queres recibir a visita no teu centro dos Fouciño, só tes que poñerte en contacto en [email protected] e estarán encantados de pasar por alí.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios