Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os “heroes” de Muxía

Os “heroes” de Muxía
Papi de Proteccion Civil de Muxia todo un heroe Papi de Protección Civil de Muxía, xa é todo un heroe - "Papá, mamá, subínme nunha moto!!! E puxen o casco!! E... collín unha mangueira, como un Bombeiro... E... un señor contounos como se facían moitas cousas"... Ducias de familias muxiás teñen tema de conversación para as vindeiras semanas. Moitos peques do Concello disfrutaron, a tope, da Xornada de Portas Abertas de Seguridade Viaria e Emerxencias que organizaba o Concello da man da Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, semellante a que armaban por Cee. A explanada do Porto convertiuse unha exposición práctica dos vehiculos, equipos materiais e profesionais destinados a controlar a seguridade do tráfico, e na atención das emerxencias nos accidentes. Foi tremendo para os nenos da Escola Infantil da Galiña Azul, do CEIP Virxe da Barca, do CEIP Vilarmide, e do CEIP Os Muíños. Alucinaron subindo ás motos, lanzando mangueirazos ou escoitando as historias de Papi ou de Jose Manuel Riveiro, xa convertidos en auténticos “heroes”. Outra desas citas para lembrar e para contar na casa! Jose Manuel Riveiro Riveiro outro heroe de Proteccion Civil de Muxia Jose Manuel Riveiro Riveiro outro heroe de Proteccion Civil de Muxia Neno muxian Subindo a moto da Garda Civil Subindo á moto da Garda Civil

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-xornada-de-convivencia-e-seguridade-cos-peques-de-brens/

Comentarios