sábado. 07.12.2024
El tiempo

O Parador de Muxía acolle unha exposición sobre o Prestige de Sofía Gandarias

Donación obras Sofía Gandarias a Parador de Muxia
O Parador de Muxía acolle unha exposición sobre o Prestige de Sofía Gandarias

O Parador de Muxía acolleu este martes 12 de novembro a presentación oficial da serie de obras "Prestige: Naufraxio, Morte e Renacer", unha colección da artista Sofía Gandarias que foi doada pola súa familia e o seu marido, Enrique Barón, a Paradores. Estas obras, inspiradas na traxedia do Prestige, representan a forza do mar e o impacto do naufraxio, así como o proceso de renacemento tras a devastación.

O acto contou coa presenza do alcalde de Muxía, Javier Sar, e da tenente alcalde e concelleira de Turismo e Cultura, Sandra Vilela, quen acompañaron á presidenta de Paradores de Turismo, Raquel Sánchez. Non faltaron o delegado do goberno Pedro Blanco, e a subdelegada María Rivas.
Donación obras Sofía Gandarias a Parador de Muxia

Esta nova colección de Gandarias enriquecerá a oferta cultural do Parador de Muxía, que xa conta con pezas destacadas de artistas como Ramón Caamaño e Xurxo Lobato.

"A incorporación destas obras reforza o Parador de Muxía como un espazo onde a arte e a cultura galegas dialogan coa historia e a paisaxe única da Costa da Morte" sinalou a edil de Cultura e Turismo. Pola súa parte, o rexedor celebrou “aumentar o patrimonio artístico no municipio cunha obra cun forte compoñente histórico, que nos fai ter presente a través da arte un dos feitos que máis marcaron a nosa historia recente”.

Con esta doazón, o Parador de Muxía reforza o seu patrimonio artístico, ofrecendo aos visitantes un espazo onde descubrir obras que transmiten a beleza e a complexidade do entorno e a súa historia.

Donación obras Sofía Gandarias a Paradores  (5) copia
Raquel Sánchez no Parador de Muxía

Comentarios