Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Piden melloras no repetidor de televisión do Seixo

zona de sinal do repetidor do seixo
Piden melloras no repetidor de televisión do Seixo

Seguen os problemas de recepción do sinal de televisión nas parroquias de Frixe, Lires e Pereiriña. Eternos problemas que segundo o BNG poden ter o foco no  repetidor do Seixo, sito no monte mai alto da aldea do mesmo nome.

Por iso, os voceiros do BNG de Cee e Muxía, despois de recibir queixas da veciñanza, piden que os gobernos locais tomen medidas para evitar os continuos erros que xeran valeiros de sinal, sobre todo cando hai temporais.

Lembran que na parroquia de Frixe segue a haber zonas de sombra, especialmente na zona baixa, na coñecida como A Grixa, polo que a calidade da imaxe é xa de por si moi baixa. Cómpre sinalar tamén que a grella de programación que ofrece o repetidor non é a da canle de TDT completa, senón so parte dela. Así, non se poden sintonizar canles que noutras partes dos concellos si é posible ver.

Desde o BNG de Muxía engaden que esta problemática co sinal televisivo afecta tamén a outras parroquias do Concello. Así, nalgúns lugares da de Moraime, en varios de San Martiño e incluso no núcleo de Muxía, segundo traslada a veciñanza, deixanse de sintonizar, de ter bo sinal ou mesmo desaparecen da programación algunhas canles frecuentemente.

instalacions repetidor do seixo

Comentarios