Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Portos anuncia melloras para os portos de Muxía e Caión

20211117 visita presidenta Portos ao porto de Muxía
Visita de Susana Leguas a Muxía
Portos anuncia melloras para os portos de Muxía e Caión

Ata Muxía desprazouse unha comitiva de Portos de Galicia para anunciar o investimento de máis de 360.000 euros en dúas obras de mellora das instalacións portuarias, que se atopan en execución. A presidenta Susana Lenguas, que estivo acompañada por membros da directiva da confraría de pescadores local e representantes municipais (non estivo o alcalde), dando vendo como van os traballos.

Por un lado están realizando a reposición da envolvente da lonxa, que consiste na renovación da cuberta do edificio así como o revestimento da fachada de panel de chapa metálica. As planchas actuais serán substituídas por panel sándwich para garantir a súa impermeabilización. Ademais, na cuberta intercalaranse paneis translúcidos para permitir a entrada de luz natural ao edificio.

Paralelamente se realiza a dotación de defensas e escadas, esta obra atópase na súa fase final e consiste na instalación de 15 defensas no peirao da lonxa e 10 na atracada da fábrica de xeo. Ademais substitúense as escadas de madeira por outras de gato de aceiro inoxidable.

Obras en Caión

Tamén onte Leguas mantivo unha reunión co alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, para analizar a mellor solución para as piscinas interiores da nova zona portuaria, onde se está a estudar unha intervención que posibilite unha máis óptima organización e aproveitamento dos espazos existentes.
Tamén se abordaron temas técnicos, entre eles o relativo á ocupación do dominio público portuario para o desenvolvemento de iniciativas de interese xeral para a cidadanía.

Comentarios