O programe de xuño do Camping Lago Mar vén marcado por un San Xoán moi especial
A axenda cultural da Costa da Morte para este mes de xuño pasa, de novo, polo Camping Lago Mar. Convertido en punto de encontro do tecido cultural e da mocidade musiqueira da comarca, volve propoñer un programa de concertos, teatro, monólogos, unha andaina polos arredores do cámping, clases de ioga e powerfit, e unha gran Festa de San Xoán que contará coa actuación de Os Roquiños e un convidado sorpresa, ademais de foliada libre e sardiñada.
O cámping, xestionado pola coopereativa cultural Horta Creativa, ademais de ofrecer un ambiente familiar e agradable onde pasar uns días tranquilos no medio na natureza, mantén esta aposta pola programación cultural de eventos e actividades, tanto para as persoas aloxadas no camping, como para toda a veciñanza da zona.
Programación para xuño

San Xoán
O Lago-Mar celebrará San Xoán e dará a benvida ao verán por todo o alto cunha gran festa. Será o martes 23 de xuño a partir das 19:00 horas, e contará coas actuacións de Os Roquiños, máis dun convidado sorpresa, foliada libre e sardiñada. Quen o desexe pode traer os seus instrumentos para a foliada!
Andaina
O sábado 13 de xuño a partir das 10:00 horas o mestre Xan Fernández guiará unha andaina polos arredores do cámping. Sairá da praia de Lago, pasará por Leis e chegará ata San Martiño de Ozón. Á volta haberá pichos de paella para todos e todas as asistentes! Para participar só é necesario inscribirse en info@campinglagomar.es
Concertos
A axenda de concertos vén quentiña este mes de xuño.
O sábado 6 ás 19:30 horas será turno do indie-rock dos ferroláns de Feed The Pet.
O sábado 13 a partir das 19:30 horas chegarán os ourensáns de Tandub e a súa fusión da música tradicional Gnawa co reggae, drum&bass ou electrónica.
Este ano regresan os Groovy Shakers dispostos a sacar a todo o mundo a bailar, será o venres 19 a partir das 21:00 horas.
Tamén haberá combo con Muaré, que traerá a súa rica “fusión de ritmos bailables” e Charlie o sábado 20 ás 19:00 horas.
O venres 29 ás 21:00 horas haberá unha cita imprescindible con Erik LePeich e a súa selección de éxitos.
E o sábado 27 ás 20:00 poderase disfrutar dunha proposta singular coa fusión da cultura musical galega e a xaponesa de Icía&Haruna&Yoshimi.
Allo Negro pechará o mes de concertos co seu blues e soul o domingo 28 ás 19:30 horas.
Teatro e monólogos
O venres 5 ás 21:00 horas o Lago-Mar acollerá O velorio de Pepe O Charamuscas! No que más que chorar… riremos! É unha comedia de D. Xesús Ramos, adaptada por Rosa Mouzo que traerá a compañía Linguas de Trapo Teatro.
E o venres 12 de xuño ás 21:00 horas volven os Mortos de Risa dende Camelle, cunha cha de monólogos para pasar unha tarde divertida tomando algo na terraza do cámping.
Charla en vivo
O sábado 27 o Lago-Mar acollerá a gravación dun novo capítulo do podcast ‘Antonte e Pasadomañán’, da cooperativa Horta Creativa. Nesta ocasión o tema será o submarinismo con José Manuel Carballo e Suso Casais.
Ioga, powertfit e brunch
Os domingos son un dos días favoritos no cámping coas mañás de brunch mais as clases de ioga, pilates ou powerfit. Pódense disfrutar xuntos ou por separado.
Este mes será: o domingo 7 ioga e brunch con Miriam Lado; o domingo 21 ioga e brunch con Lila Búa; e o domingo 28 powerfit e brunch con Lila Búa. Todas as clases comezan ás 10:00 horas.
A clase de ioga mais o brunch ten un prezo de 28 euros. O brunch só ten un prezo de 18,50. En ambos casos é necesario reservar en info@campinglagomar.es