Venres. 29.03.2024
El tiempo

Protección Civil e Policía Local farán de Reis no acendido da árbore de Nadal de Muxía

Árbore de Nadal Concello de Muxía
Protección Civil e Policía Local farán de Reis no acendido da árbore de Nadal de Muxía

O luns 7 de decembro, as 19:00h, terá lugar a inauguración do acendido de Nadal de Muxía. E os protagonistas serán os membros de Protección Civil e Policía Local, que darán luz á árbore de Nadal. E farano “pola súa encomiable labor desde que se decretase o estado de alarma, alá polo 14 de marzo de 2020”, sinala o alcalde, Iago Toba.

O momento será ademais retransmitido en directo na canle oficial de Facebook do Concello de Muxía.

A árbore ten 10 metros de alturas e 10 ars, un por cada mes da pandemia.

Nos vindeiros días, a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, irá debullando a programación das festas, que cumplirá con todas as normas pero intentará que “non se apague o espírito do Nadal neste ano tan particular”.

Comentarios