Venres. 29.03.2024
El tiempo

O proxecto "O rural de todas" xa está en marcha

O rural de todas muxia
O proxecto "O rural de todas" xa está en marcha

O Concello de Muxía comezou os preparativos para participar no proxecto audiovisual da Deputación da Coruña con título "O rural de todas". Os obxectivos deste proxecto son a creación dun documental colaborativo sobre a historia de vida das mulleres de Muxía no rural; coñecer o traballo e a vida cotiá das mulleres do rural da provincia a través de historias reais; concienciar e sensibilizar á cidadanía do legado das mulleres rurais ao desenvolvemento da provincia ou sensibilizar á sociedade sobe a igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

Trátase dun proxecto interxeracional e colaborativo, e que arrincou onte coa sesión informativa o mércores 29 de xullo de 10:30 a 13:30 horas no Salón do Voluntariado.

A concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch acudiu á presentación, onde puido departir coa mocidade que participará neste "ilusionante proxecto. Desde o Concello agradecémoslle a súa participación e implicación. Estamos convencidos e convencidas de que este documental axudará a crear lazos de unión entre as xeracións vertebradoras do noso municipio", apuntou a edila.

Comentarios