Sandra Vilela defendeu o valor patrimonial e económico dos secadoiros de congro de Muxía

Sandra Vilela xunto con Paula Mouzo no Parlamento Europeo

De visita ao Parlamento Europeo atópanse esta semana as voceiras do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, Sandra Vilela, e de Camariñas, Paula Mouzo, que serve para para que todos os participantes coñeceran de primeira man a últimas novidades sobre fondos europeos para investimentos, sustentabilidade e melloras de eficiencia enerxética.

Vilela aproveitou a súa viaxe ao Parlamento Europeo para trasladar aos diferentes grupos políticos o problema que existe coa continuidade dos secadoiros de congro, arraigados durante moitos anos no municipio da Costa da Morte.

A viaxe serviu tamén para manter unha reunión cos eurodeputados, Adrián Vázquez e Francisco Millán Mon na que os asistentes trasladaron as súas inquietudes e reivindicacións en materias como a política agraria común ou as políticas relativas á pesca.

Neste sentido, a voceira municipal aproveitou para trasladar a súa inquietude pola situación que se deu hai uns anos sobre os secadoiros de congrios e o secado artesanal, e que vén sobrevinda pola normativas europeas.

“Os secadoiros forman parte do patrimonio de Muxía e non queremos, en ningún caso, perder a nosa identidade. Creo que temos a obriga de defendelo onde sexa”, apuntou Vilela, quen animou aos eurodeputados populares a visitar o seu municipio e coñecer de primeira man o congrio, os secadoiros e esta técnica que é única en Europa