Mércores. 09.10.2024
El tiempo

"Eu apoio os Secadoiros de Congro de Muxía"

  • Lanzan unha campaña social para salvar os últimos secadoiros de congro tradicional do país, ameazado por Sanidade
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
"Eu apoio os Secadoiros de Congro de Muxía"

Xa está na rede (no Facebook “Salvar os secadeiros de Congro de Muxía e en IG @salvarsecadeirosdecongro) unha campaña para salvar os secadoiros de congro ante o inxustificado e incompresible ataque por parte da Xunta de Galicia. A Consellería de Sanidade trasladaba hai 15 días a necesidade de pechalo xa que, supostamente, non cumpliría a normativa de seguridade sanitaria.

“Son unha bandeira da resistencia da nosa forma de vida”, recoñece unha afectada Viki Rivadulla, que volve sufrir aquel sentimento que vivíu canda o Prestige de que “nos arrebatan unha forma de vida ligada ao mar”.

Xentes como Xurxo Lobato, Miguel de Lira, Alexandre Nerium, Xulio Pardo de Neira, Alex López, Adhara Caamaño… non dubidaron en dar o seu apoio en forma de vídeo.

Quen queira participar pode enviar vídeos como estes, dicindo o seu nome e o lema “Apoio os Secadeiros de Congro de Muxía" pode envialos por privado nas redes a esas páxinas ou ao meu mail [email protected].

Ademais, Rivadulla comezou, co parabén das familias propietarias dos últimos secadoiros de congro tradicional do país, tamén unha recollida de firmas para enviar unha carta ao presidente da Xunta. Xa a podedes atopar en diferentes establecimentos de Muxía, Cee e Corcubión e quen queira colaborar na recollida pode solicitar unha copia en [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios