Recunchos da Costa: Os Secadoiros de Congro de Muxía
Aproveitando a campaña “Eu apoio os Secadoiros de Congro de Muxía” non podemos facer outra cousa que traer aos Recunchos da Costa os simbólicos espazos muxiáns, que estes dias corren perigo por un incomprensible reparo da Consellería de Sanidade.
Falamos do único lugar de España e incluso de Europa onde se continúa secando o congro de maneira artesanal e ambientalmente sostible. Unha demostración centenaria da artesanía do mar, chea de historia vinculada directamente coa chegada dos aragoneses hai varios séculos. De feito, a día de hoxe a meirande parte do congro seco elaborado polas dúas familias muxiás segue marchando cara La Rioja, concretamente a Calatayud.
Certo é tamén que a vila celebra a Festa do Congro.
A vila da Barca chegou a ter cinco secadoiros, se ben na actualidade quedan dous en funcionamento, o da Pedriña (na zona do Coído) e o dos Cascóns (entre o peirao e o Santuario). A día de hoxe, segue a ser unha actividade que ten un escaso impacto sobre o medio e que se leva facendo dende os séculos XV e XVI como unha práctica habitual para a conservación do produto e asegurar así a súa dispoñibilidade para o autoabastecemento durante todo o ano.
A realidade é que a vida nos secadoiros de congro danlle á vila da Barca un simbolismo especial, que fai necesario manter, dada a súa riqueza patrimonial e etnográfica vinculada co noso mar.
O Proxecto Buserana tamén recolle un gran repaso da súa historia, da súa riqueza lingüística e do complicado que é o procedemento.
Como chegar
Hai dous secadoiros na vila, unha na zona do peirao, pasando o dique camiño do Santuario; e outro do lado, preto do Coído. Podes disfrutalos dende arriba, mesmo subir ao Corpiño para velos en pequeno, e tamén se pode baixar aló embaixo a disfrutar do ambiente.
Novas relacionadas sobre os Secadoiros
- Febreiro 22: "Eu apoio os Secadoiros de Congro de Muxía”.
- Xaneiro 22: Os secadoiros de congro de Muxía chegarán ao Parlamento.
- 2014: Os alumnos dos Muíños estrearon as visitas guiadas dos Secadoiros de Congro.
- Setembro 12: O congro de Muxía puido secar ao sol de setembro.
- O roteiro do congro.
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- Praia de Arnado.
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.