Só 5 Casas Ruais inseridas no programa do Outono Gastronómico-Turismo Rural

Achegouse a delegada da Xunta, Belén do Campo, as Casas rurais de Fiadeiras de Nemiña e Casa Castiñeira (esta tamén adherida ao Bono Turístico), dúas das participantes no programa ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural 2025’.
Son un total de 78 en toda Galicia, das que apenas 5 son na Costa da Morte:
- Casa Arpón (Malpica).
- Mar de Queo (Carballo).
- Casa das Fiadeiras de Nemiña (Muxía).
- Casa Castiñeira (Muxía)
- Xanela da Lúa (Carnota).
Os viaxeiros poden aproveitar estas ofertas ata o 21 de decembro, puidendo desta experiencia desde o menú Outono gastronómico cun custe de 37,50€/persoa, que inclúe produtos de calidade de Galicia moitos deles con denominación de orixe ou con indicación xeográfica protexida; ou as que inclúen estadías na casa rural e oferta gastronómica como paquete Outono gastronómico por, 105€/persoa en cuarto individual e 165€/dúas persoas nun cuarto dobre; a fin de Semana Outono Gastronómico, 165€/persoa nun cuarto individual, e 260€/ dúas persoas en cuarto dobre; e a fin de Semana Familiar Outono Gastronómico, 310€/dous adultos con 1 neno ou nena nun cuarto dobre con cama supletoria, e 360€/dous adultos con dous nenos ou nenas en dous cuartos dobres.
Toda a información en turismo.gal.
