Tiroteo en Muxía
09:05 31/01/12
A pasada tarde de luns 30 de xaneiro estivo manchada de sangue na vila de Muxía. 3 estoupidos na vila da Barca alertaban aos veciños, que de contado avisaban á Garda Civil. Non eran petardos, eran 3 balas que impactaron nun veciño de Os Muíños, xusto diante do seu taller mecánico cando se dispuña a marchar no seu coche.
Os autores dos disparon puideron saír nun vehículo sen identificar antes de que chegaran as forzas de seguridade.
O home foi inmediantamente trasladado ao Hosptal Virxe da Xunqueira con 3 feridas de bala e a Garda Civil segue investigando o asunto. Segundo varios veciños da zona, pode tratarse dun axuste de contas, pero dende as fontes policiais non descartan ningunha razón.
Novas relacionadas
- Xa hai 3 detidos pola malleira nocturna na Ponte do Porto.
- Un novo accidente de tráfico en Baíñas acaba a vida dun mozo de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- La Voz de Galicia.