Venres. 26.04.2024
El tiempo

A UGPOL pide mellor acceso a bases de datos e a creación das Xuntas Comarcais de Seguridade

Diergo Diaz e Manel Blanco da UGPOL con Minones
Diego Díaz e Manel Blanco con José Miñones (no centro)
A UGPOL pide mellor acceso a bases de datos e a creación das Xuntas Comarcais de Seguridade

A Asociación Profesional “Unión Galega de Policías Locais de Galicia (UGPOL), con máis de 100 concellos asociados, mantivo esta semana unha reunión co Delegado do Goberno Central na Coruña, José Miñones. Foron o Secretario de UGPOL, o muxián Manel Blanco; e o Presidente da entidade, Diego Díaz, actual Xefe da Policía Local de Vilanova pero vinculado a Ponteceso, os encargados de trasladar certas perticións relacionadas principalmente co acceso a bases de datos e a intervención con menores.

Os Policías solicitaron axilizar os trámites para poder actuar “de paisano” para, entre outras cousas, poder controlar as novas formas de ocio dos menores.

Sobre o Acceso ás Bases de Datos Policiais, para o desenvolvemento diario das tarefas policiais, é de vital importancia ter accesos ás distintas bases de datos dependentes a maioría de distintos organismos do Goberno Central e así axilizar os diferentes procedementos administrativos, como aforrar tempo e persoal na localización dos interesados ou responsables. Por iso, preténdese confeccionar un protocolo-guía de xestión para obter e instalar os diferentes accesos a bases de datos estatais, para que cada Persoal de Policía Local poida xestionar directamente aqueles seguindo o documento que se pretende confeccionar. Lemran que localizar a titulares de inmobles que sofren algúns danos, coñecer os antecedentes ou procuras de persoas identificadas, recibir os avisos de precintos de bens, ser notificados dos obxectos e vehículos subtraídos para localizalos, así como outras informacións interoperables entre administracións públicas é esencial para que o servizo policial á comunidade sexa áxil e efectivo, dando unha resposta inmediata nas intervencións en contra dos tempos actuais que poden atrasarse días precisamente por esa falta de acceso a certos datos de forma directa.

Xuntas comarcais

Unha petición moi interesante foi a creación das Xuntas Comarcais de Seguridade, pois ata agora só se realizan a nivel local, e impiden que se poidan coordinar entre si as diferentes policías locais de concellos limítrofes.

Comentarios