Venres. 18.10.2019
El tiempo

Un derroche de arte poético na vila da poesía

Un derroche de arte poético na vila da poesía

Estase a converter Muxía, con permiso do mesmo Pondal, nunha vila que respira verso. Esta pasada fin de semana, a vila natal de López Abente acollía a celebración do V Recital de Poetas da Costa da Morte, ao que acodiron unhas 60 persoas que crearon un clima máxico.

Responsables dese clima foron tamén os versos de Rosalía Fernández acompasados coa guitarra do novo muxián Mon Búa, encarregados de abrir o Festival. Rosalía ademais fixo de mestra de cerimorias e encargouse de deseñar a posta en escea,
Seguíronlle Miguel Mato, Rivadulla Corcón, Serxio Iglesias, Paco Souto, María Lado, Paco de Tano, David Creus e Suso Bahamonde. Aí e nada, a crema do verso da bisbarra cun arrecendo a Batallón Literario que deixa un sabor morriñento para os que non puidemos disfrutar daqueles momentos onde a forza da poesía traspasaba a vida cotiá.

Xa é a quinta edición de este recital que comezou coa Asociación Pedra dos Corvos e recolleu o Concello de Muxía, como cita anual para facer soar con forza esta terra vizosa de arte e poesía. "E agardamos que sigamos tendo éxito moitos anos", como recoñece a propia Viki Rivadulla, responsable do Concello e do festival, artista implicada como a que máis no desenvolvemento cultural da bisbarra.

Unha de fotos

A xornada sabatina muxiá tamén tivo lgar para a fotografía. Unha vez que xa sabemos os gañadores do Maratón Ramón Caamaño, hoxe damos conta da entrega dos premios. Así podemos ver a gañadores e o xurado do Maratón. Entregaron o premio o Alcalde de Muxía e a Concelleira de Cultura xunto co presidente da Asociación de Turismo Rural, os representantes da Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña. Unha das presencias máis emblemáticas é a do representante da familia de Ramón Caamaño. Non foi outro que Chete, un maestro musical, que aínda garda un completo legado do fotógrafo que agdarda a que algunha entidade queira recuperalo e salvalo. Tamén estivo presente o seu fillo, que se quedou entre o público e ao que hai que ir seguindo, pois herdou a paixón do seu avó pola fotografía.

E unha de maxia

A todo isto foi, a xornada compezaba en clave infantil coa divertida maxia do Mago Teto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Viki Rivadulla.

Comentarios