Unha praia Nemiña chea de papaventos negros tamén lembrou á Marea Branca do Prestige

Non houbo surf (a Federación aprazou a competición para esta semana), pero sí papaventos en Nemiña. A praia muxiá, unha das máis simbólicas da nosa costa, acolleu esta segunda acción de homenaxe coas cometas ao vento. Xa estivemos no Rostro a comezos de ano, pero ao seu organizador, Martín Monjo, faltoulle algo de vento para poder realizar o seu soño de erguer medio centenar de papaventos negros na honra da Marea Blanca.

Foron unhas 30 persoas as que participaron neste acto de recoñecemento ós voluntarios de distintos lugares e procedencias que se solidarizaron traballando na limpeza do fuel das nosas costas polo afundimento do buque Prestige en novembro de 2002, a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia.

Alí ergueron os papaventos para surcar o ceo costeiro e compartir con todo o mundo este anaco de litoral que gracias a eles temos recuperado. Afortunadamente non había de fondo e non apareceron os mileiros de galletas de chapapote que aínda garda a area polo que a sesión foi unha completa festa. Mágoa de non ter unha acollida moito máis grande da veciñanza da Costa da Morte, que parece pouco comprometida con estas fermosas iniciativas.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).