Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un estudio rubrica a existencia de toneladas de galletas de chapapote en Nemiña e o Rostro

Un estudio rubrica a existencia de toneladas de galletas de chapapote en Nemiña e o Rostro
Galletas de chapapote no Rostro en maio de 2011

Xa o vimos denunciando dende hai anos. Cada vez que hai mar de fondo, as praias da Costa da Morte devolven centos de galletas de chapapote á superficie. Xa pasaron máis de 10 anos dende o afudimento do Prestige e o chapapote segue a ser unha realidade nas nosas praias, pero ten que ser un estudio de investigación o que cerciore o evidente.

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo vén de rastrexar a orixe de miles de galletas de fuel aparecidas nos areais de Nemiña e O Rostro ao longo de 2011 e a súa composición química amosa que saíron dos restos do petroleiro. As galletas, de entre 1 e 13 centímetros de diámetro, volveron ser detectadas en 2012, segundo explica a xeóloga Ana Bernabeu, responsable do estudo, algo evidente para todos os veciños da zon.

O caso é que as cifras que barallan son moi duras: "Calculamos que no últimos cinco anos o Prestige liberou unhas 36 toneladas de petróleo" desde 2004. "Non podemos saber se o fuel procede dunha fuga recente do pecio ou se procede de zonas do fondo mariño nas que está enterrado", sinala Bernabeu. A análise dos científicos, publicado na revista especializada Journal of Hazardous Materials, mostra que algunhas galletas de chapapote están "moi biodegradadas", o que suxire que permaneceron no fondo mariño durante longo tempo e chegaron á praia pola acción das ondas. E se ben a meirande parte dos hidrocarburos que aparecen nos areias proceden de sentinazos, estes parece claro de onde proceden.

Un programa de investigación que por certo, agora suspendeu o proxecto por falta de financiamento...

O Rostro cheo de galletas de chapapote un dia de mar de fondo no Rostro Un manto de galletas de chapapote no Rostro en maio de 2011

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios