Martes. 23.04.2024
El tiempo

O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”

O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”
O único imputado no Xuízo do Prestige, Lopez-Sors rematou a sua declaración negando a respostar a preguntas que non fosen da súa avogada

Nova e última declaración do ex Director Xefe da Mariña Mercante, José Luis López-Sors, o único cargo político chamado a declarar no xuízo polo desastre do “Prestige”.
E antes de repasarmos as declaracións, apuntamos que as vistas non se retomarán ata o próximo día 11 de decembro, cando José Pose, ex responsable do servizo de Trafico marítimo de Finisterre, faga a sua primeira declaración.

A sesión deste 28 de novembro de 2012 se iniciaba a cegas para os medios de comunicación e cunha importante novidade ao negarse López-Sors a respostar a ningunha parte persoada salvo a sua propia defensa despois do que a sua avogada, Consuelo Castro, definiu como “trato inadecuado” por parte dos interrogadores no día de onte.

Na súa quenda a letrada da defensa do ex Director xeral preguntou a este polos medios postos en marcha no momento do sinistro, por exemplo no caso da chamada a técnicos de outros países na loita contra a contaminación. A preguntas de Consuelo Castro, López-Sors afirmou que “o primeiro que soubemos foi que un barco se estaba afundindo e que tiña unha enorme escora, adquirida en 10 minutos, e dicir, que era grave. Ademais nos pedían un rescate urxente insistentemente, o que me facía pensar que había unha certa angustia”.

"Ata que afunda"

Sobre a frase na que López-Sors pedía que “deran un cabo ao barco e que o separen da costa ata que afunda”, hoxe o ex director afirmaba que “a situación era que un barco se estaba afundindo. A medida que recibíamos novos datos iamos reconsiderando as medidas, pedindo cooperación o capitán do petroleiro”.
“O primeiro que había que facer era tomar remolque para ter control del e despois poder pensar en que facer con el”, dixo López-Sors que documentou tamén con quen falou inicialmente para coordinar as operacións. “O capitán do barco nos dicía que a decisión de tomar remolque non a tomaba el senón o armador, así que tratamos de contactar con el e mentres ordenamos o capitán que recibise o remolque”. “O que si sucedeu” dixo López-Sors “foi que soubemos que unha empresa de rescate ía comunicar co capitán para recibir remolque”.

Graves problemas do mercante

O día 13 “pedimos a ABS que nos dera mais datos sobre o estado do mercante, planos do barco, estado da carga, etc” para ter un maior coñecemento do estado do mercante.

O ex Director da Mariña Mercante culpou ao retraso en dar remolque o mercante, pola negativa a recibilo do capitán, do aumento nos danos do casco do buque “que o non poder ser remolcado ata a noite do día 13 sufriu moito máis. De feito o día 14 detectamos que se romperán mais mamparos durante a noite”. “O fuel saía a borbotóns do costado de estribor” aquel día 13.

No interrogatorio a letrada do estado, defensora dos intereses de López-Sors, tratou de apoiar a tese de que o mercante non estaba en condicións de ser introducido en porto ou nunha enseada de refuxio. “O mercante non cumpría cos criterios dos plans e simulacros que din que para poder metelo en porto o barco tiña que deixar de verter fuel. E iso non sucedeu. Podía romper en calquera momento e os informes do estado estrutural non dicían que o estado do barco fose suficientemente bo”.

Introducilo nun porto seguro

Nembargantes, insistindo na posibilidade, o ex Director afirmou que “consultamos a posibilidade de introducilo no porto da Coruña, por mor da existencia da refinería. Preguntámosllo o practico maior da Coruña, Evaristo Landeira, que nos dixo que era unha temeridade”. “De tódolos xeitos” dixo López-Sors “existen ordes en contra desa posibilidade. Consultámoslle (a Landeira) tamén sobre a ría de Ares pero nos indicou que non tiña abrigo suficiente”.

Ao respecto das decisións tomadas polo órgano reitor da crise, que López-Sors encabezaba, o barco non estivo “baixo control” ata o día 14 as 12:40. Pero o barco seguía en risco “porque estaba preto de baixos perigosos, moi preto da costa. O barco estaba nun estado cando menos delicado e iso nos preocupaba moito".

“Metelo barco na Coruña era un canto os bos desexos pero non sabíamos si poderiamos telo feito”, concluíu López-Sors.

“Había un risco elevado de que o Prestige rompera si o traían cara a costa?” pregunta a letrada “Si, e iso tivo moito que ver na nosa decisión. Ademais podíamos volver a perder o control do buque. Era moi complicado navegar co mercante naquelas condicions”. En opinión de López-Sors, de romper o mercante preto da costa nun traxecto cara un porto-refuxio podería provocar graves danos “estaría anos” coma indicaba onte “soltando a sua carga, embarrancado e provocaría danos enormes, incuantificables. Danos na saúde publica, danos as instalacións pesqueiras, a inversións turísticas, e todo iso durante moitísimo tempo”.

Afastalo da costa

“O Exxon Valdez embarrancou na costa e afectou o dobre de lonxitude de litoral que o Prestige en España”, indica López-Sors aos efectos de defender as decisións de afastamento do mercante do litoral.
Ademais, a petición da defensa, se exhibe un fax da organización ecoloxista WWF/Adena remitido o día 15 no que se felicita o órgano recto da crise polo que se considera "excelente traballo" na xestión da mesma por parte de aquel órgano reitor e se pide encarecidamente "que se afaste o barco a máis de 200 millas do litoral" para impedir que unha posible ruptura “afecte o rico litoral da zona”.

Tampouco se considerou a posibilidade de facer un trasego do fuel porque “non se contaban con medios específicos e ademais os que sabían nos dicían que non era unha boa decisión”. Ademais, sobre meter o petroleiro en Corcubión, López-Sors sostén que “preguntamos o practico da zona que nos dixo que no caso de que o vento cambiase habería que sácalo da ría. E o Prestige non estaba para moitos movementos”.

A empresa rescatadora

Sobre a situación derivada do retraso dos rescatadores en acceder o mercante sinistrado, López-Sors afirmou que “tiñamos mobilizados todos os nosos medios e non houbo todo tipo de facilidades por parte do armador, mais o descanso das tripulacións dos helicópteros, conforme a lei, etc. Todo isto dificultou o traslado”.
“A demora se tería evitado si os rescatadores tiveran os seus propios medios de transporte”.

Sobre as solicitudes dos rescatadores para introducir o mercante nun porto seguro, “En ningún momento pediron autorización para ir a Fisterra”, di o exDirector xeral, quen tamén confirmou que “os propios rescatadores pediron ser evacuados esa noite por medo a que o barco romperá pola noite”.

  • José Luís Louzán, enviado especial de QPC e GC.

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar

Suministros Lar colabora no seguemento especial do xuizo do Prestige con QPC

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios