Venres. 29.03.2024
El tiempo

Lira centra a homenaxe á Marea Branca

Lira centra a homenaxe á Marea Branca
Xantar solidario contra a marea negra en Lira

Tremendamente completa a fin de semana de homenaxe dende Lira para todos os voluntarios do mundo que cambiaron de cor as nosas costas hai 10 anos. As "Xornadas de análise, debate, lembranzas, encontros, 10 anos despois da catástrofe do Prestige” comezaban o pasado xoves, e tiveron toda clase de actividades. Se o xoves houbo presentación dun libro e varias sesións de reflexión común, venres, sábado e domingo foi un completo compendio de cousas vixiadas pola presencia da Serea Milagritos.

Xantar solidario, poesía, mesas redondas de pequenos e maiores, de maiores do sector da pesca e do sector da cultura e a política, e moita festa. Todo na carpa instalada en Portocubelo, que acolleu a medio centenar de persoas durante toda a ponte, demostrando que cando as cousas se fan entre todos, fanse mellor. I é que a organización foi combinada, e concello, confrarias, asociacións e locais de hostelería repartíronse o choio e tamén se reparten os constantes parabéns.

Xantando na carpa con 10 anos atrás

Xantar solidario contra a marea negra en Lira

Unha das citas máis singulares foi o xantar solidario do sábado. 200 persoas encheron a carpa e comeron a tremenda paella que prepararon, da man das mariscadoras de Lira e O Pindo, dúas vellas coñecidas dos fogóns móbiles da Costa: dúas socias de Cocineras sin Fronteras, que hai 10 anos tamén foron voluntarias na zona.

E de feito a paella levou marisco por todas partes e uníu a voluntarios e veciños unha vez máis.

Luar na Lubre estivo no Xantar solidario contra a marea negra en Lira

Mesas redondas

Mesa Erase unha vez un barco no IES Lamas do Castelo

Varias sesións de debate se viviron estes días. Sesións que serven para recuperar aqueles tempos e malia que as responsabilidades non se definen nestes foros, sempre valen para que a conciencia social siga medrando en coherencia.
Importante é involucrar á mocidade e abofé que o conseguiron os organizadores coa mesa redonda "Érase unha vez un barco", na que os protagonistas foron os alumnos do IES Lamas de Castelo e do CEIP de Carnota.

Charla debate en Lira con grandes personaxes de Nunca Mais

Os maiores tamén foron protagonistas e por sectores. Unha enfocada ao mundo da cultura. Baixo o título "A cultura comprometida onte e hoxe", Xurxo Souto, Isabel Risco, Pepe Galán e Rafa Villar comentaron o poder do mundo cultural galego naquel movemento tan importante de Nunca Máis. Foi César Cambeiro, quen mellor, o que moderou con arte a mesa.

E interesante e intensa foi a mesa redonda final das xornadas "O chapapote e nós", que tras proxectar a video-documental "As mans dun pobo" de Xandra Tedín e Ovidio Fernández. Houbo moitas e interesantes intervencións no debate posterior á charla que expuxeron grandes personalidade do mundo do mar, como son o eterno voluntario Sven, David Araújo, Nano Unzueta, Isabel, Lago, Ita Rodríguez, Xaquín Maceiras e Juan Manuel Gómez Leis, baixo a moderación de José María Lago.

Mesa redonda cos pesos pesados do mundo do mar

Poesía, música e troula

Recital Poético en Lira

E como non podía ser doutro xeito, tamén houbo lecer. Lecer e compromiso no recital poético, e tamén na fiada mariñeira nocturna a base de pandeireta da noite do venres coas Cantareiras de Campo de Cortes da Asociación Rumial e os Tabernícolas do Leiradal. Ata tivo tempo a cantante de Luar na Lubre (boa parte do grupo estivo en Lira a fin de semana), Paula Rey de entonar un Memoria da Noite que lembrarán os asistentes.

Para o sábado noite quedou a festa, e da man dos Quinquilláns, Chévere en clave teatral, e os grupos Tríade, Pentalfa, Naranjas de la China e Tantotem, en clave de música, fixeron un fin de festa que convenceu a todo o mundo.

Novas relacionadas

Máis novas

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar

Comentarios