Os Papaventos negros surcaron o Rostro e lembraron á Marea Branca


Recuperando aquela cadena humana que uniu o litoral da Costa da Morte o 22 de xaneiro de 2003, a acción Papaventos 13N serviu de homenaxe ao movemnto social xerado trala catástrofe do Prestige. Unhas 80 persoas achegáronse o pasado 5 de xaneiro á praia do Rostro, en Fisterra, para facer voar os papaventos negros feitos para a ocasión.
Fixo un día tremendamente fermoso pero a inusual falta de vento no areal fisterrán provocou que a acción non se puidese completar do xeito máis espectacular posible, que tería sido co ceo cuberto dos máis de 50 papaventos. Así e todo, as xentes chegadas de toda Galicia, como dos compañeiros do Xornal da Barbanza Certo, que nos deixaron unha fermosa galería e un vídeo, quedadron encantados coa proposta.
Unha fermosa acción promovida por un mallorquín, Martín Monjo, que agradece a colaboración de todos os voluntarios que chegaron para voar as súas cometas, pero que lamenta que non houbese un soa institución que axudase na organización e promoción.


Máis información
- Flickr de Certo: Galería da acción Papaventos 13N.
- papaventos13n.blogspot.com.
- Facebook de Papaventos Trece Novembro.
Novas relacionadas
- Lira centra a homenaxe á Marea Branca.
- Muxía reabriu as feridas do Prestige.
- Unha marea negra de papaventos invadirá a Costa da Morte.
Outras novas
- Casón: 25 anos da histeria colectiva provocada.
- Seguemento especial Xuízo Prestige: O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”.
- Verdades de José Luís Louzán: Cheiro a fuel.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).