O voluntariado de Mar de Fábula retira de Nemiña media tonelada de lixo mariño
Non se puideron resistir, e despois de ver a semana que pasada que a zona da desembocadura do río Río Castro na praia de Nemiña estaba feita un desastre, a familia de voluntarios e voluntarias de Mar de Fábula volveron para rematar o traballo da anterior convocatoria. Aos 200 kg apañados na primeira acometida, hai que sumarlle 256 kg da xornada desta fin de semana por unha quincena de persoas. Fan case media tonelada de lixo mariño, que tiveron que subir polo novo camiño, para deixalos no punto de retirada para a posterior retirada polos operarios do concello.
Non puideron facer a caracterización do lixo, priorizando a retirada, pero si notaron que había numerosas cordas e maromas do sector do mar, así como produtos en todas as grafías procedentes da actividade marítima do Corredor Marítimo de Fisterra.