sábado. 15.02.2025
El tiempo

5 deportistas bergantiñáns do SAL, entre o TOP do Salvamento estatal

Simon Caamano verdia do SAL CAMPEONES DE ESPAÑA Salvamento
Pedro Caamaño Verdía sumou unha medalla de bronce nos Campionatos de España
5 deportistas bergantiñáns do SAL, entre o TOP do Salvamento estatal

Con orgullo volveu esta fin de smana o Club de Salvamento e Socorrismo de Laracha do III KidsSpanish Cup e do XXXIX Campionato de España Infantil e Cadete de Salvamento e Socorrismo. 5 deportistas bergantiñáns do SAL quedaron entre os 10 mellores a nivel estatal, conseguindo unha mellada e dous récords galegos.

Dous dos protagonistas foron os irmáns Pedro e Simón Caamaño Verdía. Pedro, en Categoría Cadete Masculina, conseguiu o bronce en 50 m. e entrou na final dos 100 m. remolque de maniquí con aletas. Mentres, o seu irmán Simón, conseguía, en Categoría Infantil Masculina, un récord galego en  100 m. socorrista, ademais de meterse na final de 100 m. remolque de maniquí con aletas e 50 m. remolque de maniquí.

Pola súa parte, Shaila Rodríguez Rodríguez, en Categoría Cadete Femenina, conseguíu entrar entre as 10 mellores en 3 probas: 50 m. remolque de maniquí, 100 m. maniquí aletas e 200 m. súper socorrista. 

Julia Insua Rico, fixo o propio en Categoría Infantil Femenina en 100 m. natación con obstáculos e en 100 m. remolque de maniquí con aletas, na que compartiu final con Julia Bolón Collazo.


"O salvamento e socorrismo non só é un deporte, senón unha actividade que salva vidas e contribúe significativamente á seguridade da comunidade", lembran orgullosos dende o SAL.

Comentarios