venres. 26.09.2025
El tiempo

68 pilotos participan esta finde no 21º Autocross Carballo

Presentacion Autocross Carballo 2025
68 pilotos participan esta finde no 21º Autocross Carballo

Carballo acolle esta fin de semana unha nova proba de autocross, e xa van 21. "Carballo está asentado coma referente a nivel galego e mesmo estatal", dixo o concelleiro de Deportes. Daniel Pérez; o presidente do Club Rally Coruña, Ernesto Rumbo, e o alcalde, Evencio Ferrero, presentaron a competición, que se desenvolverá ao longo da xornada do sábado e que contará coa participación de 68 pilotos. As finais disputaranse a partir das 18.00 h.

"Xa van 21 edicións e parece que foi onte", dixo Ernesto Rumbo, que destacou especialmente o apoio do Concello de Carballo ao longo de todos estes anos e augurou que esta proba "vai ser unha boa festa do motor".

O presidente do Club Rally Coruña expresou o compromiso da entidade de "seguir dándolle vida ao circuíto e que poidamos seguir desfrutando deste espazo público", un compromiso moi ben valorado polo alcalde. "Está moi clara a importancia que ten Carballo dentro do mundo do motor, e para que isto siga sendo así temos que seguir contando coas entidades colaboradoras", dixo. Evencio Ferrero aludiu á importancia que o deporte en xeral e o motor en particular teñen desde o punto de vista do retorno económico para o concello. 

Tendes toda a información aquí.

21 autocross carballo 2025 copia

Comentarios