Xoves. 09.12.2021
El tiempo

71 xogadores disputaron o Torneo de Xadrez de Carnota

228144430_1111552575918428_8856465175886369316_n
71 xogadores disputaron o Torneo de Xadrez de Carnota

Esta pasado sábado día 31 de xullo disputouse o V torneo Concello de Carnota no pavillón municipal, válido como a III proba de o V Circuíto Intercomarcal. Participaron total de 71 xogadores chegados de USA, Madrid, Ponferrada e de case toda Galicia: Lugo, Chantada, Ourense, Verín, Cambados, Vilagarcía, Marín, Padrón, Santiago, Noia, Pobra do Caramiñal, A Baña, Ames, Viveiro, Ferrol, Narón, Pontedeume, A Coruña, Oleiros, Cambre, Arteixo, Carballo, Val do Dubra, Zas, Muros e Carnota, o nivel foi moi alto con 2 GM-1, un MI, 3 MF e 1 WFM.

O gran favorito, o GM esteirán Lariño, que viña de gañar os dous torneos anteriores, non tivo o seu torneo con 2 derrotas tempranas que o afastaron da loita pola vitoria. O outro gran favorito o GM Strikovic sufriu unha derrota ante Sande na rolda 6 que lle complicaba o triunfo, que semellaba acabaría en mans do MI Espilñeira, pero o chantandino Strikovis gañou por desempate fronte ao de Padrón.

Nos premios especiais 1º sub2000 Daniel Ameijenda do Irindo de Zas, 1º sub1600 Iago Fernández do Marquiño, 1ª Feminina Nerea Cereijo da EX Compostela, 1º sub18 Luca Rei do Fontecarmoa, 1º veterano Fernando Casares do clubexa, por idades 1º sub16 David Cernadas do Marquiño, 1º sub14 Alejandro Cereijo da EX Compostela, 1º sub12 Noel Casares dá escola Ames, 1º sub10 Daniel Manrique do xadrez Ourense, 1º sub8 Unai Casares do Ames, o mellor local foi Ramón Cid, a cesta de Froitas Fondo recaeu en Hugo Herrador de Arteixo.

Á clausura acudiu o concelleiro de deportes Rafael Antonio Riveiro que foi o encargado de entregar os premios, tamén agradecer ao concello de Carnota e en especial a Fernando o técnico de deportes o seu apoio e colaboración para celebrar esta V edición do torneo, sen dúbida a máis numerosa e forte de todas as que se celebraron, o próximo torneo do Circuíto será o V Concello de Cerceda o día 14 de agosto.

Captura de pantalla 2021-08-03 a las 7.57.09

Podedes ver a Clasificación final en info64.

comentarios