domingo. 05.07.2026
El tiempo

Tres persoas, unha delas tras excarceración, trasladadas ao Hospital tras un accidente triple na estrada de Carballo-Buño

Accidente en Malpica-Foto-Bomnbeiros de Carballo
Os Bombeiros de Carballo tiveron que excarcerar un dos afectados
Tres persoas, unha delas tras excarceración, trasladadas ao Hospital tras un accidente triple na estrada de Carballo-Buño

Esta tarde domingo saldouse cun accidente serio na estrada de Carballo a Buño. Foi un accidente entre tres vehículos pasadas as 17:30h no punto quilométrico 5,8 da AC-418, a altura da canteira de López Cao, en Leiloio, termo municipal de Malpica.

Un dos coches acabou envorcado nun desnivel de 2 metros de altura, cuio condutor permanecía atrapado. Os bombeiros liberaron á persoa, que se atopaba consciente e orientada, tras retirar as dúas portas traseiras. Finalmente foron trasladados polos servizos sanitarios tres implicados no accidente.

Os 2 ocupantes doutro dos vehículos implicados tamén foron trasladados en ambulancia por precaución. No terceiro vehículo viaxaba unha soa persoa e non precisou traslado.

O 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, os voluntarios de Protección Civil de Malpica e os servizos de mantemento da estrada.

Comentarios