xoves. 04.06.2026
El tiempo

88 pilotos baten marcas de participación no Autocross de Carballo

presentacion Autocross
88 pilotos baten marcas de participación no Autocross de Carballo

Mentres o sector do motor revisa a mobilidade eléctrica no Fórum, Carballo tamén acende os motores para o XXII Autocross Carballo. A proba reunirá este sábado 6 de xuño a 88 pilotos no circuíto municipal, superando as mellores marcas. A proba, organizada polo Club Rally Coruña en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo (FGA), servirá para estrear unha importante mellora técnica no circuito municipal

O evento perfílase como un espectáculo único, que reunirá corredores e corredoras das seguintes categorías:

  • Clase I: Turismos de serie (Series)
  • Clase II: Turismos
  • Clase III: Carcross
  • Clase IV: Superturismos (SCC)
  • Clase V: Junior Carcross
  • Clase VI: Super Buggy
  • Copas de Escuderías e o 3º Trofeo MRF Autocross Carcross

A xornada do sábado caracterizarase por unha actividade frenética no circuíto, sen pausas intermedias, para garantir a máxima emoción de afeccionados e participantes. Tras as verificacións administrativas e técnicas obrigatorias que comezarán a primeira hora da mañá (07:15 h), a competición oficial arrincará na pista conforme aos seguintes horarios:

  • 10:30 h: Warm-up
  • 11:30 h: Adestramentos oficiais
  • 15:00 h: Primeira manga clasificatoria
  • 16:30 h: Segunda manga clasificatoria
  • 17:50 h: Finais B
  • 18:00 h: Final A
  • 19:45 h: Cerimonia oficial de entrega de premios e trofeos

Ademais da competición pura, esta edición xera unha gran expectación técnica. Ernesto Rumbo, presidente do Club Rally Coruña, destacou que a proba servirá como test definitivo para o novo pavimento da pista, composto por xabre. Este material promete mellorar a tracción e as condicións de pilotaxe, engadindo un factor extra de interese para os equipos.

Comentarios