![foto da Selección da Costa Infantil Feminina que participou o pasado ano no Campionato Autonómico]()
Foto da Selección da Costa Infantil Feminina que participou o pasado ano no Campionato Autonómico Este vindeiro venres 25 de xaneiro, a Selección da Costa Infantil Feminina comeza a súa preparación de cara ao Campionato Galego que se disputará a primeira fin de semana do mes de marzo. A Selección da Costa Infantil Feminina que dirixen Fran Toba e David Castro, concentraranse a partir das 17.15h. no pavillón de Baio para o primeiro test de preparación das infantís costeiras, as cales terán a súa primeira toma de contacto aínda que moitas delas xa se coñecen e outras xa asistiron a edición pasada do Campionato Galego de Seleccións Comarcais, na cal deron unha gran imaxe, competindo en todos os partidos que disputaron en Marín. Para este adestramento, os seleccionadores convocaron a un total de 13 xogadoras:
- Cabana SD: Lucía Rodríguez.
- Corme CF: Carla Pose.
- SD Esteirana: Laura Caamaño;
- UD Cerqueda: Paula Veiga da
- Fisober FSF: Sharay Caamaño, Lucía Canosa, Saray Duarte, Uxía Lema, Lucía Martínez, Lucía Rodríguez, Alejandra Santalla, Nerea Suárez e Marta Andrade.