Abertas as inscricións para a BTT dos PC Baikers do Vilán

Xa están abertas as inscricións para a ‘3H Resistencia Concello de Camariñas’ de BTT, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, que volverá a formar parte da Copa Galicia de Resistencia e estará coordinada pola Federación de Ciclismo Galego (FCG).
A cita, prevista para o domingo 2 de febreiro e que terá saída na praia do Ariño desde as 10 horas, é unha das cinco probas das que constará o campionato galego ao longo de 2025:
1. Lousame, 19 de xaneiro.
2. Noia, 26 de xaneiro.
3. Camariñas, 2 de febreiro.
4. Vilagarcía, 9 de febreiro.
5. Narón, 16 de febreiro.
As inscricións poderán formalizarse ata o xoves 30 de xaneiro ás 15 horas na páxina web da Federación Galega de Ciclismo e as categorías son: desde cadete ata Máster 60 e parellas femininas, masculinas e mixtas.