Venres. 19.04.2024
El tiempo

O AD Zas Ponciano Nieto e o Concello de Mazaricos aférranse á 3ª Nacional

AD Zas Ponciano Nieto - Dez Portas Mascovet
O AD Zas Ponciano Nieto puido co Dez Portas Mascovet
O AD Zas Ponciano Nieto e o Concello de Mazaricos aférranse á 3ª Nacional

Xornada moi positiva para os equipos de 3ª Nacional con dúas vitorias importantísimas de cara á permanencia. A zona baixa ponse moi igualada e quedan por diante varios enfrontamentos directos entre os equipos implicados. De momento estas dúas vitorias dan un respiro aos nosos equipos e moita moral de cara aos vindeiros compromisos.

Nas outras divisións non houbo vitorias e só o equipo AD Zas O Pinar tivo opcións de acadala en A Estrada pero ao non adaptarse ao xogo fácil caeu en moitos erros e con eles a derrota.  

3ª División Nacional

  • Resultado: AD Zas Ponciano NIeto - CD Dez Portas Mascovet (4-1).
  • Resultado: Concello Ribadeo TM - Concello Mazaricos (2-4).

Por parte do AD Zas Ponciano Nieto a clave estivo no primeiro partido donde Miriam lle gañou ao número un dos lucenses por un contundente 3-0 e sen dar opcións ao rival. Isto aumentou a moral de Brais e Raúl que tamén se impuxeron nos individuais, mágoa que non rematasen a faena no dobre, non se compenetraron ben e desperdiciaron a oportunidade de superar aos lucenses na clasificiación por mellor porcentaxe particular. Con todo meteuse ao equipo lucense na loita pola permanencia.

E de sorpresa maiúscula foi a vitoria do Concello de Mazaricos en Ribadeo, ante un dos equipos fortes do grupo e que posiblemente ascenda de categoría. Alex Blanco foi o gran artífice da vitoria gañando todos os partidos que disputou, os dous individuais e o dobre, e sobre todo o gran partido que fixo contra Javier de Burgos, ao que lle endosou un 3-0 sen opcións para o rival que viña de gañarlle 3-2 a Miguel Rey no primeiro enfrontamento. Despois rematou a vitoria Miguel Rey gañándolle a Rufo pero por un apretado 3-2.

 

1ª División Galega

  • Resultado: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Oroso TM Peluqueria Tije (0-7).
  • Resultado: Arteal Veteranos - VTM Pinturas Figueiras (5-2).

Normais as derrotas de AD Zas Dimobel Bazar Baio en Oroso onde só puxeron resistencia nos tres primeiros partidos individuais para logo desfondarse mentalmente e nunca apretaron aos rivais.
E por último, e como xa dicían os de Vimianzo, algunha vez terían que perder de forma clara e esta foi en Santiago contra un Arteal que sacou aos seus mellores xogadores. Nótase moito aos vimianceses a baixa forma de Paco Paz (por cuestións de saúde), e en canto recupere volverá este equipo a dar as sorpresas doutras xornadas. De momento aínda seguen nos postos altos do grupo e esta derrota non mingua en absoluto a excelente campaña que están realizando.

 

2ª División Galega

  • Resultado: CDTM Top Spin Pazo Xerlis - AD Zas O Pinar (4-3).

Moi ben Laura García que pouco a pouco vai mellorando o seu xogo, de momento leva unhas cantas xornadas sen derrotas nesta segunda 2ª Galega.

 

Vindeira cita

Na vindeira semana son os campionatos galedos benxamíns e xuvenis. Da nosa comarca participan os xuvenís Álex Blanco, Raúl López e Miriam Domínguez, pero con claras opcións de traer algunha medalla.

 

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO

Comentarios