Sábado. 23.10.2021
El tiempo

Ambientazo, triunfos e gresca no Autocross de Carballo

Carcross
Ambientazo, triunfos e gresca no Autocross de Carballo

Tivo lugar esta fin de semana o 13ª Autocross Carballo, proba puntuable para o campionato galego. Ambientazo no circuito de Bértoa, con unhas 800 persoas a pesar de estar llimitado polas restricións.

Ambiente no AutocrossCarcross

O mais destacado foi a final de Carcross que tivo que repetirse a saída despois de que o Director de Carreira ondeara a bandeira de vermella por un accidente na primeira curva, no cal o piloto necesitou asistencia media. Na repetición unha loita encarnizada entre Joaquín Chamorro e o local Maikel Vilariño que ademais son construtores das monturas Kimkar e La Base Motor club levounos a un enfrontamento que os deixou fóra de carreira preto da última curva na ultima volta xa cando estaban vendo de preto a bandeira a cuadros. Enfrontamento que se trasladou de forma inmediata fóra da carreira con intentos de agresións e insultos que tiveron que ser abortados por Comisarios de carreira.

O incidente foi aproveitado por Darío Calviño, Antón Muiños e Sergio Suárez para subir o pódium neste orden. Pola súa parte os Comisarios entenderon que Maikel Vilariño, máis alá que a posible penalización que poidera levar polo incidente, non merecía castigo maior, mentres que Joaquín Chamorro foi directamente excluído da carreira por conducta violenta antideportiva inadmisible. Ao menos a Maikel quedoulle a satisfacción de meter unha das súas monturas a La Base SXO1 no segundo posto do pódium aos mandos de Antón Muiños mientras que Joaquín Chamorro metía no terceiro posto do caixón a súa montura Kincar aos mandos de Sergio Suárez que ademais competía baixo as cores da escudería local carballesa Mais Motor. Pero o triunfador e gran beneficiado de todo o conflicto foi a escudería YacarRacing que metía triunfal o seu Yacarcross SXC aos mandos de Darío Calviño

Homenaxe

A escudería carballesa Máis Motor homenaxeou tamén, con motivo da súa xubilacion, o funcionario local Francisco Bello, que prestou servicio municipal durante 38 anos no servizo de deportes, primeiro no Patronato e despois en Carballo deportes. Bello foi unha das figuras carballesas impulsoras do automovilismo en Carballo e da construcción do circuito de Autocross que tamén o foi de motocross e ata de quads.

A representación na homenaxe e na entrega de trofeos os pilotos estivo exercida por Juan Puga en representación da escudería organizadora Mais Motor de Carballo, os concelleiros municipales Luis Lamas de obras de servicios e Marcos Trigo de Deportes ante a ausencia do alcalde por compromisos ineludibles adquiridos con anterioridade. Por parte da Federación Galega de Automobilismo e aínda que o presidente Iván Corral, estaba presente no circuito a representación foi exercida por Gloria de Burgos.

Na categoría de supercross e precisamente en parte por esa proba citada do Europeo a participación foi escasa tanto que a final disputouse nun duelo ou desafío entre dous pilotos que espertou gran interese entre o público asistente. David González cun Subaru Impreza e o veterano e perro viejo Mario Rios aos mandos dun Seat Ibiza. Ríos demostrou que con sapiencia, veteranía e coñecemento do circuito un Impreza non lle adelanta a un Ibiza que entrou triunfal en meta desde a primeira ata a última volta. Pero Ríos tamén sabia que para conseguir eso tiña que sair diante do Impreza aspecto no que estaba en desventaxa e utilizou unha triquiñuela para adiante o Impreza que foi detectada polos Comisarios e penalizada con 30 segundos co cal o primeiro posto foi para o Subaru Impreza do piloto de Sanxenxo David Gonzalez. En calqueira caso a organizacion quixo que dadas as circunstancia e bo momento que ofreceron a pesar de correr os dous solos se subiran o pódium e recibirán os premios o mesmo tempo.

Os afeccionados xa pensan na próxima proba en Arteixo o 20 de novembro.

Carcross arteixo 2CarCross ArteixoAutocross Arteixo2AUTOCROSS ARTEIXO

comentarios