Anxo Castro, o malpicán do AD Zas que xa é subcampión galego

08:51 05/03/25
Anxo Castro acaba de quedar Subcampión Galego Pre Benxamin. Este malpicán integrante do AD Zas, e adestrado por todo un Miguel Rey, meteuse na final como 2º de grupo, gañando 3 partidos por 3 a 0 e cedendo 1 partido. En 1/4 de final venceu 3-0 a Damián Parada (CTM GAM), en semis gañou 3-0 a Haoli Bi (CTM Cidade Naron) e cedeu na final 3-2 fronte a Simon Pallarés (Club del Mar TM).
Todo un fito para o tenis de mesa costeiro, que segue demostrando o seu potencial.