Venres. 26.04.2024
El tiempo

Arte e Movemento arrasa no Campionato de España de Bailes Caribeños

Arte e Movemento no campionato
A familia de Arte e Movemento ao remate do Campionato de España
Arte e Movemento arrasa no Campionato de España de Bailes Caribeños

Espectacular papel do club Arte e Movemento de Cee no Campionato de España Bailes Caribeños celebrado esta fin de semana na Nucia, Alacante. O club acodía a esta proba (a correspondente a 2020, pois a de 2021 celebrarase en xuño) con deportistas de toda a comarca e acadou un importante botín en forma de medallas e diplomas en postos destacados. En total, 14 ouros, 6 pratas e 4 bronces viñeron de volta para a Costa da Morte.

A “alma mater” de Arte e Movemento, Graciela Toba, amosouse moi satisfeita pola volta á competición e a actuación do seus deportistas.

Nomes propios

Dende Santa Comba celebran os éxitos de Mélani Lois Barcia, que aumentaba o seu impresionante currículum de éxitos no Baile Deportivo con 3 novas medallas de ouro, na categoría absoluta de Bailes Caribeños. A xalleira é unha das raiñas do Baile Deportivo en España, que xa representou ao noso país no Campionato do Mundo e que ten o recoñecemento como Deportista de Alto Rendimento Deportivo, concedido polo Consello Superior de Deportes.
Lembran ademais que o Baile Deportivo terá a condición e participación de pleno dereito dentro do Programa Olímpico no Xogos Olímpicos de 2024 que terán lugar en París e, que sabe e oxalá que así sexa, a Costa da Morte poida ter algún/ha participante.

Andrés Parga e Soraya Santos
Andrés Parga e Soraya Santos foron campións

Dende Camariñas fan o propio con Andrés Parga González, natural da Ponte do Porto, campión junior. Leva desde os 9 anos compatibilizando os torneos e as probas en todo o país cos seus estudos. O éxito colleitado no campionato nacional animouno a seguir traballando nesta liña, na que se sente "cómodo e feliz polos froitos de todo o esforzo que hai detrás de cada actuación".

Outras campionas

A Lista completa do Club

Esta é a lista completa de resultados dos nosos deportistas:

Campionato de España Bailes Caribeños:

  • Alberto e Mélani, Campións de España Bailes Caribeños Categoría Absoluta.
  • Vicente e Laura, Subcampións de España Bailes Caribeños Categoría Absoluta.
  • Raúl e Ainhoa, 4º Campionato de España Bailes Caribeños Categoría Absoluta.
  • Iván e Noelia, 3º Campionato de España Bailes Caribeños Youth.
  • Brais e Gisela, 4º Campionato de España Bailes Caribeños Youth.
  • Andrés e Soraya, Campións de España Bailes Caribeños Junior.
  • André e Inés, Campións de España Bailes Caribeños Xuvenil II.
  • Raúl e Serena, Campións de España Bailes Caribeños Xuvenil I.
  • Alberto, Campión de España Salsa Shine Masculino Categoría Absoluta.
  • Mélani, Campioa de España Salsa Shine Feminino Categoría Absoluta.
  • Vicente, Subcampión de España Salsa Shine Masculino Categoría Absoluta.
  • Laura, Subcampioa de España Salsa Shine Feminino Categoría Absoluta.
  • Ainhoa, 5ª Campionato de España Salsa Shine Feminino Categoría Absoluta.
  • Noelia, 6ª Campionato de España Salsa Shine Feminino Categoría Absoluta.
  • Soraya, Campioa de España Salsa Shine Feminino Junior.
  • Alba, Subcampioa de España Salsa Shine Feminino Junior.
  • Aalyah, 3ª Campionato de España Salsa Shine Feminino Junior.
  • Iria, 4ª Campionato de España Salsa Shine Feminino Junior.
  • Ashley, Campioa de España Salsa Shine Feminino Xuvenil II.
  • Serena, Campioa de España Salsa Shine Feminino Xuvenil I.
  • Sara, Subcampioa de España Salsa Shine Feminino Xuvenil I.
  • Vicente e Alberto, Campións de España Salsa Shine Dúo Masculino Categoría Absoluta.
  • Laura e Mélani, Campioas de España Salsa Shine Dúo Feminino Categoría Absoluta.
  • Noelia e Ainhoa, 3º Campionato de España Salsa Shine Dúo Feminino Categoría Absoluta.
  • Soraya e Aalyah, Campioas de España Salsa Shine Dúo Feminino Junior.
  • Ashley e Alba, Subcampioas de España Salsa Shine Dúo Feminino Junior.
  • Iria e Noa, 3º Campionato de España Salsa Shine Dúo Feminino Junior.
  • Sara e Serena, Campioas de España Salsa Shine Dúo Feminino Xuvenil I.
  • Ashley e Serena, Campioas de España Caribbean Show Dance Dúo Xuvenil II.

Campionato de España Latinos:

  • André e Inés, 5º Campionato de España Latino Xuvenil II.
  • Raúl e Serena, 7º Campionato de España Latino Xuvenil I.
  • Alberto e Mélani, 22º Campionato de España Latino Categoría Absoluta.
  • Vicente e Laura, 23º Campionato de España Latino Categoría Absoluta.

Copa Promoción:

  • Brais e María, Primeiros na Copa Promoción Standard 1ªTerritorial logrando o ascenso a C Nacional.
  • Iván e Gisela, Segundos na Copa Promoción Standard 1ªTerritorial.
  • Iván e Gisela, Terceiros na Copa Promoción Latino 1ªTerritorial.
  • Andrés e Soraya, Terceiros na Copa Promoción Latino 1ªTerritorial.
  • Nacho e Iria, Sextos na Copa Promoción Latino 1ªTerritorial.
  • Nacho e Iria, Sextos na Copa Promoción Standard 1ªTerritorial.

Comentarios