Os Baikers do Vilán preparan a "3H Resistencia Concello de Camariñas"
08:16 14/01/26
A ‘3H Resistencia Concello de Camariñas’ de BTT, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, volverá a formar parte da Copa Galicia de Resistencia, coordinada pola Federación de Ciclismo Galego (FCG).
A cita, prevista para o domingo 8 de febreiro e que terá saída na praia do Ariño é unha das seis probas das que constará o campionato galego ao longo de 2026:
- Lousame, 4 de xaneiro.
- Noia, 11 de xaneiro.
- Meis, 18 de xaneiro.
- Muros, 25 de xaneiro.
- Narón, 1 de febreiro.
- Camariñas, 8 de febreiro.
As inscricións poderán formalizarse no seu momento na páxina web da Federación Galega de Ciclismo e as categorías son: desde cadete ata Máster 60 e parellas femininas, masculinas e mixtas.
