Camariñas e Muros, incluídas no Circuito Galego de BTT

09:42 05/01/24
As probas ‘3 H Resistencia Concello de Camariñas’ e "3H Resistencia BTT Concello de Muros" están incluídas no circuíto galego de cara a este 2024.
O campionato galego contará con seis probas ao longo do curso emtre as que están a muradá organizada polo Clube Ciclista Muros en colaboración do Concello muradán, prevista para o 28 de xaneiro, e ao organizada por PC Baikers do Vilán en colaboración co Concello camariñán, para o 4 de febreiro.
Estas son as citas do campionato galego ao longo de 2024:
- 1. Lousame, 14 de xaneiro.
- 2. Noia, 21 de xaneiro.
- 3. Muros, 28 de xaneiro (na zona da Agra da Filgueira)
- 4. Camariñas, 4 de febreiro (con saída e chegada na praia de Ariño).
- 5. Vilagarcía, 11 de febreiro.
- 6. Narón (Campionato Galego).
As inscricións poderán formalizarse no seu momento na páxina web da Federación Galega de Ciclismo.