A canteira do ciclismo galego dase cita en Carballo
Fin de semana de deporte a dúas rodas en Carballo. O Trofeo Concello de Carballo recibirá o sábado centos de deportistas da base todo o país para convertirse na capital da canteira do ciclismo galego.
O Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino, en colaboración co Concello, recibirá 200 ciclistas de todo o país, e mesmo un equipo cántabro.
A proba de cadetes, que puntúa para a Copa Galicia de estrada da Federación Galega de Ciclismo, disputarase nun circuíto de 50,9 quilómetros polos concellos de Carballo e Coristanco.
Unha das consecuencias será que estará prohibido estacionar en todo o percorrido do circuíto urbano (avenida da Milagrosa e rúas Concordia, Montero Ríos, Salvador de Madariaga, Xílgaro, Emilio González López e Cemiterio Vello) dende as 14.00 ata as 21.00 horas do sábado, aproximadamente, e tamén se producirán cortes de tráfico puntuais nas estradas polas que pasará o pelotón.
Poden descargar o Libro de ruta aquí con todos os horarios, percorridos… sobre a proba.