Martes. 23.04.2024
El tiempo

Cee acolleu, con éxito, a súa primeira concentración de tenis de mesa escolar

Concentracion de tenis de mesa escolar en Cee
Cee acolleu, con éxito, a súa primeira concentración de tenis de mesa escolar

Este pasado sábado 22 de febreiro, o Pavillón Municipal de Cee, acollía a primeira Concentración de tenis de mesa Escolar, enmarcada dentro do Plan Xogade da Xunta de Galicia. Unha cita artellada polo A.D. Zas, coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Cee, que foi todo un éxito de participación, cunha alta cantidade de familias e unha deportividade envexable noutros deportes.

En total participaron 16 equipos das escolas municipais e escolares de Cee, Vimianzo, Ponteceso, Zas, Santa Comba, A Baña e Noia. En canto a resultados, cómpre destacar que Vimianzo en cadetes, Zas en infantil e alevín e Cee feminino benxamín foron os gañadores nas súas respectivas categorías.

Vindeira xornada

Este sábado 29 de febreiro hai os seguintes partidos:

  • 3ª DSivisión Nacional:
    - Ás 11:00h no ximnasio do CPI de Zas: AD Zas Ponciano Nieto - CD Dez Portas Mascovet.
    - Ás 16:30 no ximnasio do CEIP de Ribadeo: TM Concello Ribadeo - Concello Mazaricos.
  •  
  • 1ª División Galega:
    - Ás 17:00 h nas instalacións deportivas Juanito Amigo de Sigüeiro: Oroso Rios Sangiao - AD Zas Dimobel Bazar Baio.
  • 2ª División Dalega:
    - Ás 17:00 h no Pazo de Xerlís en A Estrada: TM A Estrada Sala Gradin - AD Zas O Pinar.

O domingo 1 de marzo:

  • 1ª División Galega.
    - Ás 11:00 h en San Lázaro, Santiago: Arteal Promesas - VTM Pinturas Figueiras.
  • Ás 16:00h Liga Malov en Sigüeiro con 155 xogadores dos cales 17 son do AD Zas.
 

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO

Comentarios