O Club Arte e Movemento arrasa no Campionato de España con 38 medallas
A pasada fin de semana 22 deportistas do Clube Arte e Movemento, viaxaron a La Nucía (Alicante), para participar no Campionato de España de Bailes Caribeños. Os resultados foron espectaculares, igual que o foi a actuación e compromiso de cada deportista nestas últimas temporadas.
Despois de facer historia no mundial de novembro 2022 en Polonia, e de obter 42 medallas no Campionato Galego de Bailes Caribeños, fai apenas 3 semanas, o club costeiro volve demostrar que está entre o mellor do estado gañando 38 medallas nos campionatos estatais: 15 títulos de Campion de España, 10 subcampions, e 13 bronces, sumandolle 1 prata mais no Campionato de España de 10 bailes en marzo.
O ascenso á gloria
Graciela Toba, a alma deste club, quere facer unha reflexión, lembrando que hai apenas 7 anos o ano 2016 unha parella do clube, logrou por primeira vez un título de Campión de España, e "naquel momento celebramos a vitoria por todo o alto, e tamén os medios se fixeron eco do título". O ano seguinte lograban 2 ouros e algún podio máis e sudeceu o mesmo. Cada concello, cada medio local se fixo eco da nova.
"Si que notamos, que o COVID fixo que o noso clube se fixese máis forte, porque se mantivo unido naqueles tempos tan difíciles, e atopamos a combinación e os medios para poder seguir entrenando, de forma que nos últimos 3 campionatos de España, o noso Clube está sendo referente a nivel nacional, pero tamén por sorpresa a nivel internacional", explica Toba. "O que sucede e que nos preocupa, é que como o clube logra tantos títulos, os deportistas pasan a un segundo plano, e non reciben a importancia nin o eco mediático que se merecen, xa que cada un deles, está facendo realidade soños imposibles, está traendo para a nosa comarca títulos nunca alcanzados, e están a sombra".
Como exemplo, en este Campionato Emma Gonzalez, foi a máis peque do clube, e logrou o titulo de Campiona de España de Salsa Shine Xuvenil 1 (menores de 9 anos). En medio de tantos resultados, pasa desapercibida, pero unha das sua rivais, logrou o título en Bachata shine, e podemos ver a través de RRSS, toda a repercusión e publicación da prensa sobre o seu resultado.
"Este só é un exemplo", explica Toba, "xa que Serena Díaz con tan só 9 anos, leva en menos de 8 meses logrado, 2 titulos de Campiona do Mundo, 2 pratas no Campionato do Mundo, o recoñecemento de deportista de base, 6 titulos galegos, 5 titulos no Campionato de España, e unha proxección internacional que asusta".
Pois o mesmo sucede, con cada un deste medallistas, polo que queren compartir esta reflexión.
Resultados nos Campionatos de España
Emma Gonzalez (8 anos), Cee: (1 ouro e 3 bronces)
- Campiona de España xuvenil 1 (menores de 9 anos) en salsa shine
- Bronce en bachata shine
- Bronce en salsa shine duo junior con Paula
- Bronce en Bachata shine duo junior con Paula
Serena Diaz (9 anos), Cee: (4 ouros e 1 bronce9
- Campiona de España xuvenil 2 (menores de 11 anos) en bachata shine
- Campiona de España xuvenil 2 (menores de 11 anos) en salsa shine
- Campiona de España salsa shine duo junior con Raul
- CAmpiona de España bachata shine duo junior con Raul
- Bronce Campionato de España Latinos juvenil 2 con Raul
Paula Garcia (9 anos), Cee: (1 prata e 3 bronces)
- Subcampiona de España xuvenil 2 (menores de 11 anos) en bachata shine
- bronce en salsa shine
- Bronce en salsa shine duo junior con Emma
- Bronce en Bachata shine duo junior con Emma
Raul Romero (11 anos), Cee: (3 ouros e 2 bronces)
- Campion de España salsa shine
- Bronce en bachata shine
- Campion de España salsa shine duo junior con Serena
- Campion de España bachata shine duo junior con Serena
- Bronce Campionato de España Latinos juvenil 2 con Serena
André Liaño (12 anos), Cee: (3 pratas e 1 bronce)
- Subcampion de España bachata shine
- Bronce salsa shine
- subCampion de España salsa shine duo junior con Ines
- subCampion de España bachata shine duo junior con Ines
Ines Liaño (13 anos), Cee: (1 ouro, 2 pratas e 1 bronce)
- Campiona de España junior (12-15 anos) salsa shine
- bronce en bachata shine
- subCampiona de España salsa shine duo junior con Andre
- subCAmpiona de España bachata shine duo junior con Andre
Alba Mourelle (15 anos), Zas: (3 ouros e 1 bronce)
- Campiona de España youth (16-18 anos) salsa shine
- Campiona de España youth bachata shine
- Campiona de España bachata shine duo junior con Ashley
- bronce de España salsa shine duo junior con Alba
Aalyah Louro (18 anos), Cee: (1 ouro, 2 pratas e 1 bronce)
- Subcampiona de España youth salsa shine
- Subcampiona de España youth bachata shine
- Campiona de España salsa shine duo junior con soraya
- broncede España bachata shine duo junior con soraya
Soraya Santos (18 anos), Cee: (1 ouro, 1 prata e 3 bronces)
- Bronce youth salsa shine
- Bronce youth bachata shine
- Campiona de España salsa shine duo junior con aalyah
- bronce de España bachata shine duo junior con aalyah
- Subcampiona de España absoluta parellas caribeños con Andres
Melani Lois (26 anos), Santa Comba: (2 ouros)
- Campiona de España absoluta bachata shine
- Campiona de España absoluta salsa shine
Laura Marcote (21 anos), Cee: (2 pratas)
- Subcampiona de España absouta bachata shine
- Subcampiona de España absoluta salsa shine
Ainhoa Gonzalez (21 anos), Santa Comba: (2 bronces)
- Bronce absoluta bachata shine
- bronce absoluta salsa shine
Ashley Sanchez: (1 ouro e 1 bronce9
- Campiona de España bachata shine duo junior con Alba
- bronce de España salsa shine duo junior con Alba
Andres Parga (1 prata)
- Subcampion de España absoluto parellas caribeños con Soraya
Juanma y Aurora (Las Palmas)
- Campions de España senior Bailes caribeños parellas
En Caribbean Show Dance obtivemos:
- La Rosalía (grupo de 9 deportistas): campions de España
- Flamenco y Olé (grupo de 7 deportistas): subcampions de España
- Feria de Ceevilla (grupo de 5 deportistas): bronce
DEPORTISTAS GALEGOS DE ALTO NIVEL:
- Aalyah Louro
- Melani Lois
- Alberto Martinez
DEPORTISTAS GALEGOS DE ALTO RENDEMENTO:
- Laura Marcote
- Ainhoa Gonzalez
DEPORTISTAS GALEGOS DE ALTO RENDEMENTO DE BASE:
- Serena Diaz
- Andre Liaño
- Ines Liaño
- Sara Taboada
- Ashley Sanchez
- Alba Mourelle
A familia ceense está celebrando os logros, pero xa pensando no próximo mundial que se celebrará en North Macedonia no próximo mes de novembro.