Venres. 26.04.2024
El tiempo

Arte e Movemento volve cargada de medallas do… Mundial de Baile Caribeño!!!

Arte e Movemento campion mundial
Arte e Movemento volve cargada de medallas do… Mundial de Baile Caribeño!!!

O que fai o club Arte e Movemento en materia de baile é doutra galaxia. Esta pasada semana acodía cunha completísima expedición ao Mundial de Baile Caribeño de Varsovia. E volvía cargada de medallas.

Este club ceense, con deportistas de toda a Costa da Morte, conseguíu un fito histórico non só para a Costa da Morte senón para toda España, pois nunca acadara unhas cifras semellantes.

Foron varias as parellas que qeudaron cacampionas do Mundo, como Raúl e Serena en Bachata para parellas (foron tamén subcampións en salsa e en merengue); Melanie Lois e Laura Marcote en Dúo Bachata Adulto (e subcampionas en salsa); Alba Mourelle e Ashley Sánchez en categoría Junior de Bachata por parellas); ou Serena e Sara, campiónas do mundo en bachata por parellas feminina para nenas.

A xalleira Melani tamén quedou, xunto con Alberto Martínez, subcampións en merengue por parellas e 5º en bachata. Ademais, Alberto foi 6º do mundo na categoría absoluta masculina e Melani 8ª e absoluta feminina.

Arte e Movemento campion mundial 2

Comentarios